Sobre nós | Clientes | Catálogo | Síntese a medida | Investigación baixo contrato | Desenvolvemento de procesos | Eventos | Descargas | Contacto
 

Investigación baixo contrato
Investigación e Innovación


Dende os nosos comenzos colaboramos en varios programas de Drug Discovery de compañías farmaceúticas, coas que traballamos estreitamente na preparación de novos compostos para a cascada de screening.

Aportamos a estes proxectos innovación, productividade, comunicación e flexibilidade: o obxectivo é dispor do máximo número de compostos diferentes no menor tempo posible.

A metodoloxía de traballo que seguimos implica partir dun lead determinado, suministrado polo cliente, a partires do cal debemos deseñar, evaluar e probar novas rutas de síntese que permitan acadar os obxectivos propostos. Sintetizamos se é necesario os scaffolds e building blocks precisos, e facemos un uso intensivo de técnicas de paralelización e síntese por microondas. Os requisitos habituais para este tipo de traballo soen ser cantidades de ata 100 miligramos e purezas superiores ao 95% (HPLC-MS). Cada composto suministrado vai acompañado da documentación analítica requerida (usualmente RMN-1H e HPLC-MS) para garantir a identidade e pureza.

Puntos máis relevantes nun proxecto de investigación:

Deseño e evaluación de novas rutas

Uso intensivo de paralelización e microondas

Preparación de scaffolds e building blocks ad hoc

Preparación de pequenas librerías

Preparación de lotes adicionais de producto (multigramo)

Estricto control de calidade (Certificado de Análise para cada producto)

Asignación dun director de proxecto adicado

Informes semanais (via e-mail)

Envío documentación electrónica encriptada (con PGP via e-mail)

Teleconferencias mensuais (ou ca frecuencia solicitada)

Completa confidencialidade

Informe final detallado do proxecto

Propiedade Intelectual pertence ao cliente de principio a fin