Sobre nos | Clientes | Catálogo | Síntese a medida | Investigación baixo contrato | Desenvolvemento de procesos | Eventos | Descargas | Contacto
 

Descargas
Poñemos a súa disposición documentación para descargar

Exercicios
200 Exercicios de mecanismos de Química Orgánica
Xa está dispoñible a nova edición dos exercicios mecanísticos de Química Orgánica para a comunidade académica. A colección ampliouse para incluir 200 problemas e as súas solucións, organizados en capítulos que cobren mecanismos de substitución nucleófila, carbonilos, enolatos, cetonas, ácidos carboxílicos e carbanións. Estes exercicios están dirixidos a estudiantes de licenciatura de cursos avanzados e estudiantes de doutorado. A colección está disponible en formato PDF e pode abrirse empregando o Acrobat Reader.
200 Exercicios de mecanismos (1.1 Mb)
Exercicios de Química Orgánica sintética
Unha colección de 60 exercicios de Química Orgánica Sintética para a comunidade académica. Estes problemas están pensados para estudiantes de licenciatura e de doutorado de grao medio. Os problemas e as solucións están dispoñibles en formato PDF.
Exercicios de Química Orgánica (282 Kb)
Solucións aos exercicios de Química Orgánica sintética
Exercicios de Química Orgánica - Solucións (469 Kb)
Táboas
Múltiplos de pesos de elementos
Cando se calculan pesos moleculares no laboratorio normalmente resulta útil ter unha táboa de múltiplos de pesos de elementos. A nosa táboa contén múltiplos dos elementos máis comúns e inclúe os pesos de varios grupos funcionais.
Táboa (57 Kb)
e-Books
Glosario de termos empregados en Química Médica
Compracémonos en poñer a disposición da comunidade académica, e especialmente para aqueles investigadores que usan dispositivos PDA como ferramentas de traballo, un libro electrónico (e-book) de referencia que cubre definicións da IUPAC sobre química médica. Este glosario inclúe 117 termos e 8 estructuras de compostos químicos. Este e-book está dispoñible coma arquivo LIT, lexible con Microsoft Reader ©.
Termos de Química Médica (111 Kb)
Terminoloxía básica de estereoquímica
Para aqueles investigadores que usan dispositivos PDA como ferramentas de traballo, este libro electrónico (e-book) de referencia inclúe tódalas definicións da IUPAC sobre estereoquímica. Este e-book está dispoñible coma arquivo LIT, lexible con Microsoft Reader ©.
Terminoloxia de estereoquimica (431 Kb)
Guía breve de heterociclos
Para tódolos químicos orgánicos que traballan no campo dos heterociclos e empregan dispositivos PDA coma ferramentas de traballo, un libro electrónico (e-book) de referencia con estructuras de heterociclos. A guía inclúe as estructuras numeradas de 144 heterociclos, recuperables polo seu nome trivial ou o seu nome IUPAC. Este e-book está dispoñible coma archivo LIT, lexible con Microsoft Reader ©.
Guía breve de heterociclos (606 Kb)
Guía breve de heterociclos
Tamén dispoñible en formato PDF.
Guía breve de heterociclos (387 Kb)