¿Precisa dun composto non dispoñible comercialmente? ¿Unha impureza necesaria no seu proceso cGMP? ¿Busca unha pequena cantidade dun estándar usado en screening farmacolóxico?
En GalChimia preparamos eses e outros compostos a petición dos nosos clientes, mantendo a confidencialidade en todo momento. Adaptámonos ás súas necesidades. Pode proporcionarnos o procedemento sintético a seguir, podemos reproducir métodos publicados na literatura ou podemos deseñar e probar novas rutas para os seus compostos, sempre en busca da mellor solución.
Ofrecemos experiencia nos seguintes campos:

Química de heterociclos

Síntese multietapa

Síntese por microondas en paralelo

Síntese en paralelo

Síntese de pequenas moléculas funcionalizadas

Síntese de pequenas librerías focalizadas

Síntese de
Building Blocks

Síntese de impurezas GMP
O noso portafolio de reaccións inclúe, entre outras, as seguintes:

Acilacións

Alquilacións

Alquilación / acilación de Friedel-Crafts

Aminación reductora

Esterificacións

Hidroxenacións a alta presión

Iodación e bromación

Oxidacións e reduccións

Reacción de Bischler-Napieralski

Reacción de Buchwald

Reacción de Grignard

Reacción de Heck

Reacción de Sonogashira

Reacción de Stille

Reacción de Suzuki

Reactivos organolíticos

Sustitucións nucleófilas

Wittig e Horner-Emmons
Cada producto que entregamos está respaldado por documentación analítica completa e MSDS. E se necesita tanto o composto como o método de preparación, estamos preparados para entregarlle un método reproducible e ben documentado.
Se está buscando un suministrador de impurezas cGMP, estándares de farmacoloxía, intermedios avanzados de síntese, building blocks ou calquera outra sustancia química, podemos axudarlle.
Pregúntenos.