Cinco motivos para escoller GalChimia

Aquí tes algunhas razóns para traballar con GalChimia

GalChimia é unha empresa familiar, gústanos traballar a carón dos nosos clientes e durante estes anos construímos a nosa reputación no ámbito da química orgánica sintética.

O noso obxectivo principal é construír unha relación a longo prazo cos nosos clientes a partir da fiabilidade, o compromiso, a boa química e a comunicación.

1

QUIMICA

Especialidade

Porque coñecemos o noso negocio; a química é a nosa paixón e pode sentilo cando fale con calquera persoa de GalChimia. Ten acceso a un equipo estable e experimentado para axudarlle.

2

like

Compromiso

Esforzámonos por facer as cousas posibles: non hai necesidade de presionar ao noso equipo, xa que son esixentes con eles mesmos para lograr os mellores resultados.

3

CARPETA

Comunicación

Queremos ser transparentes e establecer unha boa relación de traballo. É sinxelo cun equipo accesible e flexible que realiza os informes adecuados e asume a plena responsabilidade pola calidade do seu traballo.

4

LOCK

Confidencialidade

Sabemos o que representa a confidencialidade polo que desenvolvemos un sistema de seguridade eficiente. Xa realizamos o noso traballo co máximo respecto e profesionalidade tendo en conta o carácter confidencial dos seus datos.

5

GENTE

Traballo en equipo

O traballo en equipo é esencial para o éxito de calquera proxecto. Ninguén está só con un problema, preocúpalle a toda a empresa e o equipo traballará para poñer fin ao mesmo. Non está contratando a un químico, senón a GalChimia no seu conxunto. Sabemos que un bo ambiente de traballo tradúcese en excelentes resultados.

foto 4

Por todos este motivos GalChimia é un bo lugar para facer química orgánica