I+D
ONCOLOXÍA: GalChimia asociouse ca compañía israelí HQL Pharmaceuticals para o descubrimento e desenvolvemento de moléculas inhibidoras de interaccións proteína-proteína dirixidas cara rutas de apoptosis, con múltiples aplicacións en oncoloxía. Para este proxecto HQL empregará a súa plataforma computacional propietaria de última xeración para cribar grandes librerías de química, cubrindo unha vasta diversidade de quemotipos, mentres que GalChimia achegará os seus coñecementos e experiencia para a preparación dos compostos seleccionados que se ensaiarán para obter os datos biolóxicos precisos.
CORMPOI: A compañía biotecnolóxica Alfama, con laboratorios en Lisboa e Boston, é a líder mundial en moléculas liberadoras de CO (CORMs), compostos cunha potente acción vasodilatadora. GalChimia asociouse con Alfama para desenvolver CORMs para Ileo Post-operatorio (POI), unha dolencia habitual entre pacientes que acaban de someterse a cirurxía; o coñecemento de síntesis de GalChimia complementa o profundo coñecemento de Alfama sobre a actividade in vivo dos CORMs.
COBRE: Dende a súa creación, GalChimia traballou no desenvolvemento de novas reaccións químicas. Os nosos esforzos actuais están centrados no desenvolvemento de reaccións promovidas por sales de cobre e especialmente na reacción de Chan-Lam, unha reacción de acoplamiento de derivados de boro con aminas, alcohois e tiois. Os resultados obtidos foron publicados nas mellores revistas de química e están consideradas como referencias punteiras no seu campo.
Vexa a nosa sección de Artigos e Patentes
BIOTECNOLOXÍA ENZIMÁTICA: GalChimia colabora con grupos académicos de investigación especializados en bioquímica e enzimoloxía na busca de novos enzimas extraídos de extremófilos, microorganismos que viven en entornos extremos de pH e temperatura. O noso papel no proxecto é ensaiar os novos enzimas en diferentes reaccións e sustratos para establecer as súas aplicacións sintéticas.

Tel: +34 981 814 506 • Fax: +34 981 814 507
