Logo

Drug Discovery

Unha empresa de biotecnoloxía contactou con nós en busca dun provedor de servizos de química.Os obxectivos eran xerar propiedade intelectual o máis rapidamente posible en dous proxectos diferentes nos que se dispoñía de hits. Aínda que se deseñara e probara unha ruta sintética para un dos proxectos, era larga e pouco fiable e non tiña a flexibilidade suficiente para introducir a diversidade requirida. Para o outro proxecto nin sequera había unha ruta dispoñible, unicamente estruturas sobre o papel.

Asignáronse dúas persoas a cada proxecto, e durante un ano e medio investigáronse, probáronse e optimizáronse varias rutas. Cada unha delas tiña unha media de oito etapas. Preparáronse, probáronse e melloráronse compostos durante a etapa de hit-to-lead. Cando o provedor comercial dun dos materiais de partida críticos foi incapaz de subministrar a cantidade necesaria de produto a tempo, desenvolveuse tamén un procedemento para a súa preparación a partir doutras substancias comúns e baratas e dun catalizador, eliminando así a dependencia dos subministradores.

Ao final, xeráronse catro patentes, incrementando o valor da empresa de biotecnoloxía. Un dos proxectos alcanzou a fase de optimización do lead, que precisaba de cantidades máis grandes dalgúns compostos. Levouse a cabo o escalado preciso e entregáronse os compostos, dentro do prazo, para os ensaios in vivo.

Tel: +34 981 814 506 • Fax: +34 981 814 507