Dossier de prensa GalChimia
Compañías farmacéuticas de toda Europa contratan a GalChimia para a síntese e desenvolvemento dos seus candidatos a fármacos. A CRO (contract research organization) galega líder no mercado español emprega tecnoloxías de última xeración para ofrecer servicios de síntese a medida, investigación ó longo de toda a cadea de valor de drug discovery, desenvolvemento de procesos e optimización de reaccións.
GalChimia utiliza unha ampla gama de tecnoloxías avanzadas de síntese química incluindo síntese por microondas, síntese en paralelo, reaccións fotoquímicas e reaccións a alta presión. GalChimia foi unha das pioneiras en empregar a tecnoloxía de química por microondas para incrementar tanto o rendemento coma a velocidade de reacción. A empresa utiliza tamén técnicas de cromatografía automatizada e HPLC quiral preparativo para separar os pares de imaxes especulares en isómeros únicos, chamados enantiómeros, dos cuales en ocasións só un posee propiedades terapéuticas.
As compañías farmacéuticas buscan continuamente novas librerías de química combinatoria, ou o que é o mesmo, coleccións de compostos convenientemente funcionalizados para seren considerados candidatos a fármacos. A experiencia en química orgánica e química en paralelo de GalChimia permitiu producir novas librerías de compostos que demostraron a súa actividade frente a determinados receptores.
Dende a súa creación en 2001, GalChimia convertiuse no máis destacado éxito empresarial do seu sector. O segredo do éxito radica no seu personal altamente cualificado e o traballo directo cos seus clientes nos seus proxectos de desenvolvemento de fármacos. Máis do 45% do persoal investigador son doutores en Química Orgánica e en total suman un promedio de 15 anos de experiencia na industria desenvolvendo procesos na cadea de valor do descubrimento de fármacos. GalChimia completou con éxito máis de 500 proxectos neste campo e participou dende o 2006 ata o 2009 no Consorcio Genius Pharma, un proxecto conxunto entre as principais empresas farmacéuticas españolas e tres biotechs para o desenvolvemento de novos fármacos innovadores. Recentemente GalChimia foi seleccionada como proveedor de servicios de síntese para o proxecto Neogenius, unha alianza estratéxica entre tres grandes compañías farmacéuticas, Almirall, Esteve e Palau Pharma e a compañía de biotecnoloxía Proteomika. O proxecto ten como obxetivo o descubrimento e desenvolvemento de novos medicamentos para o tratamento da dor en pacientes con artrose.
| Dirección da nosa sede |
GalChimia
Cebreiro, s/n
|
| Teléfono | +34 981 814 506 |
| Fax | +34 981 814 507 |
| info@galchimia.com | |
| URL | www.galchimia.com |
| Actividade | Síntese a medida, Investigación e Desenvolvemento de pequenas moléculas |
| Titularidade | Compañía privada |
| Dirección |
Carme Pampin, PhD, CEO |
| Fundada | 2001 |
| Empleados no 2010 | 28 |
| Productos e Servicios |
Síntese a medida
Investigación baixo contrato |
| Tecnoloxías |
|
| Clientes de Industria Farmacéutica |
|
| Contacto de Relacións Públicas nos EUA |
U.S. |

Tel: +34 981 814 506 • Fax: +34 981 814 507
