GalChimia participa no consorcio HUMANFARMA
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2012. A empresa galega GalChimia, líder en España de servicios de química orgánica sintética, é un dos membros do consorcio para o proxecto HUMANFARMA, unha colaboración entre GalChimia, Vivia Biotech, Vivia Allosterics e Oryzon Genomics. O obxectivo principal do proxecto é o descubrimento e desenvolvemento de novos compostos activos en diferentes Receptores Acoplados a Proteína-G (GPCRs) e outras dianas biolóxicas. O proxecto terá unha duración de tres anos e un presupuesto de 4.1 millóns de euros. Varios Organismos Públicos de Investigación (OPIs) contribúen tamén ao proxecto, entre eles a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Parc Científic de Barcelona (PCB). GalChimia será responsable da síntese de varias series químicas nas fases de hit-to-lead e lead optimisation.
O proxecto foi parcialmente financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN, agora parte do Ministerio de Economía y Competitividad) e o FEDER a través do programa INNPACTO. Este programa financia proxectos en cooperación público-privada entre organismos de investigación e empresas, para a realización de proxectos de I+D+i orientados cara productos explotables baseados na demanda.
GalChimia, fundada no ano 2001 por Carme Pampín e Jacobo Cruces, é unha empresa centrada na I+D de capital íntegramente galego. Desenvolve servicios de alto valor engadido para as industrias química, farmacéutica e biotecnolóxica en Europa e Estados Unidos. O seu proceso de internacionalización é constante.
- Inicie sesión para enviar comentarios

Tel: +34 981 814 506 • Fax: +34 981 814 507
