A Axencia Galega de Innovación comunícanos que somos unha das empresas beneficiarias das axudas do Programa Principia mediante a resolución do 03 de agosto de 2018

Estas axudas están destinadas ao fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), convocadas pola resolución da Axencia Galega de Innovación do 24 de abril do 2018 (DOG Nº 95 do 21 de maio do 2018).

A plantilla de GalChimia crece con persoal cofinanciado pola Xunta de Galicia ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 24 de abril de 2018 (Programa Principia 2018) así como da Resolución do 09 de outubro de 2017 (Programa Principia 2017).