Proxectos de I+D

Non é o mesmo con ou sen GalChimia

Últimas novas

nanofacturing results
Results of the Nanofacturing project
Abril 16, 2019

GalChimia thanks all the partners of the Nanofacturing project for the involvement and teamwork that have been key to obtaining the results.

Ler máis
IO4COLON
GalChimia, Oncostellae y AMSlab presentan el proyecto IO4COLON
Febreiro 25, 2019

IO4COLON es una iniciativa de investigación liderada por GalChimia, Oncostellae y AMSlab para el descubrimiento de nuevos fármacos contra el cáncer de colon

Ler máis
ShikiFactory
GalChimia is happy to be part of a collaborative effort to boost EU Synthetic Biology competitiveness
Xaneiro 17, 2019

An 8 million Euros grant was attributed by the EU to the ShikiFactory100 project, an international effort coordinated by biotech SME SilicoLife, in cooperation with some of the most relevant players in Europe, covering leading research institutions, SMEs and a large industrial company.

Ler máis

Proxectos en curso

Proxecto Inlung

Consorcio: Alchemy e GalChimia

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) concedeu, na súa convocatoria 2018 do programa INNOGLOBAL, a financiación para o proxecto “Novos candidatos a fármacos para o tratamento de cancro de pulmón de células non pequenas: optimización de lead e desenvolvemento de inhibidores de CTP”. O proxecto ten como obxectivo o desenvolvemento de novos fármacos para o tratamento de Cancro de Pulmón de Células Non-Pequenas (CPCNP).

Este proxecto, que ten un presuposto de 234.418,00€, foi subvencionado polo CDTI dentro do Programa Estatal de Liderado Empresarial en I+D+I, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020 e apoiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.

Proxecto Droughtdrugs

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICINN) concedeu no marco do programa de colaboración RETOS 2017 a financiación para o proxecto “Descubrimento de agroquímicos para mellorar a resistencia á seca de plantas de colleita” liderado por GalChimia, S.A. O proxecto ten como obxectivo principal desenvolver unha nova xeración de compostos que poidan activar a resistencia á seca en plantas de colleita. Con este fin, o proxecto conta coa colaboración do Instituto de Bioloxía Molecular e Celular de Plantas (IBMCP), o Instituto de Química Física Rocasolano (IQFR) e dos grupos BioFarma e Nanobiomol da Universidade de Santiago de Compostela.

O proxecto, que ten un presuposto de 572.999,89€, foi financiado dentro do Subprograma RETOS-COLABORACIÓN 2017. Esta convocatoria está cofinanciada con Fondos Estruturais do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Axencia Estatal de Investigación (AEI) co obxectivo de promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.

ue

SHIKIFACTORY100

Un esforzo colaborativo para promover a competitividade da UE en bioloxía sintética

O proxecto Horizon2020 ShikiFactory100 xunta a 11 socios de 7 países: SilicoLife (Portugal), Technical University of Denmark, European Molecular Biology Laboratory (Alemania), École Polytechnique Fédérale de Lausanne (Suiza), Universidade NOVA de Lisboa (Portugal), University of Manchester (Reino Unido), Universidade do Minho (Portugal), c-LEcta (Alemania), GalChimia (España), NNFCC (Reino Unido) e DSM (Holanda).

O proxecto proporcionará procesos biotecnolóxicos sostibles e económicamente viables como alternativas aos procesos baseados en derivados do petróleo. A industria química global iniciou unha transformación crucial de procesos petroquímicos a procesos de biosíntese. O proxecto ShikiFactory100 aspira a producir un conxunto de máis de 100 productos de alto valor engadido obtidos pola la ruta do shikimato, un importante nó no metabolismo celular, a través do desenvolvemento dun conxunto enzimático optimizado e a proposta e implementación de novas rutas biosintéticas para a producción de moléculas tanto novas como coñecidas.

Este proxecto recibiu financiación do Programa de I+D Horizon H2020 da Unión Europea baixo a subvención 814408.

ueShikiFactory

IO4COLON

IO4COLON – Investigación industrial para o descubrimento de novos fármacos inmunoterapéuticos en tratamento de cáncer de colon.

O obxectivo principal do proxecto IO4COLON é o descubrimento e desenvolvemento preclínico de novos candidatos a fármacos para o tratamento do cáncer de colon, a través da activación do Sistema Inmunitario (SI), para ser usados como monoterapias, en combinación entre eles ou con outros axentes terapéuticos. O consorcio do proxecto está formado polas empresas Oncostellae, GalChimia e AMSLab, co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Tecnológico LEITAT e as empresas Palo Biofarma, IDIFARMA e Eurofins.

IO4COLON permitirá estudiar a través de diferentes mecanismos a eficacia de dous novos fármacos, un inhibidor ALK5 e un antagonista GR, así como o seu efecto sinérxico no tratamento do cáncer de colon. IO4COLON representa ademais un salto cualitativo considerable en relación a proxectos anteriores, xa que se pretende concluir o Desenvolvemento Preclínico, Desenvolvemento Farmacéutico, a producción das cápsulas para os ensaios clínicos, a preparación da documentación regulatoria e a explotación potencial dos resultados a través da solicitude de novas patentes de invención.

Este proxecto foi subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do Programa CONECTA-PEME, e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Obxectivo Temático 1, «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», incluido no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, ademais, contará co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Orzamento total do proxecto: 1.095.700,00 euros.

ueXUNTA

es

Subvencionado por GAIN