Proxectos rematados

Non é o mesmo con ou sen GalChimia

GalChimia participa no proxecto BIOGREEN, un proxecto de I+D+i para desenvolver un concepto de biorrefinería verde a partir de biomasa, empregando cultivos de alto rendemento non competitivos con alimentación e de alto rendemento, para obter produtos de alto valor engadido como bioplásticos e membranas de acetato de celulosa, así como produtos fertilizantes. O proxecto axudará a impulsar o concepto de bioeconomía e a integrar o modelo de economía circular en áreas tradicionalmente agrícolas, mellorando a súa competitividade.

O proxecto BIOGREEN realizarase en colaboración coas empresas Norvento, Agroamb Prodalt, Biot e Idener, así como cos centros tecnolóxicos AINIA e CETIM. Está subvencionado polo Centro para el Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e apoiado polo Ministerio de Economía y Competitividade. Foi un dos proxectos seleccionados polo CDTI na última edición do programa INNTERCONECTA.

uecdties

GalChimia, Applus+ Laboratories, Midatech, Prochimia, Centre for Process Innovation (CPI) e tres grupos académicos participan no proxecto de investigación titulado “NanoFacturing – The Development of Medium- and Large-Scale Sustainable Manufacturing Process Platforms for Clinically Compliant Solid Core Nanopharmaceuticals”.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento dunha plataforma de fabricación para produtos nanofarmaceúticos de núcleo sólido, con capacidades de escalado que permitan a subministración de produtos para ensaios de Fase III e máis aló, e que sexa rendible, segura, eficiente, robusta e axustada á regulación GMP. GalChimia participa no proxecto especificamente para síntese dos ligandos usados para unir a nanopartícula a outras entidades químicas e biolóxicas. O proxecto está financiado pola Unión Europea a través do programa Horizon 2020.

Ver resultados do proxecto Nanofacturing

federnano

NEOGALFARM

Proxecto en colaboración con AMSLab, NANOGAP, Oncostellae e diversos grupos de investigación da Universidade de Santiago (USC), o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e o centro tecnolóxico LEITAT. O obxectivo do proxecto o descubrimento de novos fármacos para o tratamento contra o cancro mediante o desenvolvemento de terapias dirixidas a diferentes dianas terapéuticas e de tratamentos combinados. Este proxecto foi subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do Programa Conecta Peme, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Orzamento total do proxecto: 1.076.339,63 euros.

Ver resultados do proxecto NEOGALFARM

uexuntaes

MytiTox

Xunto coas empresas Pescados Marcelino, Paypay, Mariscos Veiro, Depuradora de Moluscos La Sirena e os centros tecnolóxicos Anfaco-CECOPESCA e o International Iberian Nanotechnology Laboratories (INL), GalChimia participa no Proxecto MytiTox. O obxectivo do proxecto é a implantación de estratexias industriais para diminuír ou eliminar a carga de toxinas en mexillón e pectínidos empregando produtos activos microencapsulados. Este proxecto foi subvencionado polo Centro para el Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), a través do Programa FEDER INNTERCONECTA 2015 para o fomento da cooperación rexional en investigación e desenvolvemento, e apoiado polo Ministerio de Economía y Competitividade. Orzamento total do proxecto: 1.461.272 euros.

Fondos Feder – Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014 – 2020.

Ver resultados do proxecto MytiTox

feder-lgogo logo mtytitox

GalChimia, Novozyme, Biochemize, Drop-Tech e catro grupos académicos participan no proxecto HotDrops, cuxo obxectivo é desenvolver unha nova plataforma de ultraaltacapacidade para a procura de novos biocatalizadores, coa que se poidan ensaiar grandes librerías de variantes de encimas que ata o momento eran difíciles de probar. Células bacterianas únicas ou sistemas de tradución/transcrición in vitro pódense compartimentar en microgotas, cada unha expresando unha variante distinta da librería xénica. Este proxecto combina tres ciencias: enzimoloxía, tecnoloxía de microfluídos e química orgánica. O proxecto está financiado pola Unión Europea a través do Sétimo Programa Marco (FP7).

Máis información

federhotdrops

Oncogalfarma

GalChimia, Oncostellae e AMSLab participan no proxecto de investigación Oncogalfarma, cuxa meta é desenvolver novas terapias complementarias para o tratamento de enfermidades oncolóxicas. A investigación céntrase nos campos de inhibidores de interacción proteína-proteína (PPI) e receptores nucleares. O proxecto foi financiado polo Goberno de Galicia e co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do subprograma CONECTA PEME. O financiamento total concedido foi de 189.943,59€.

Máis información

federxuntagain

LENBDA

O proxecto “Light emitting nanomolecules for biomedical diagnostics applications (LENBDA)” está dirixido a estudar o uso industrial dun sistema de detección de biomoléculas baseado en nanoemisores luminescentes altamente específicos. O sistema está deseñado para ofrecer unha solución completa para a detección de biomoléculas de maneira específica e libre de interferencias. Para lograr esta meta, desenvolverase un prototipo completamente funcional do kit de diagnóstico para o seu uso en laboratorios de patoloxía que non requira equipos adicionais. Na etapa final, o proxecto será validado contra liñas de células tumorales presentes en bancos de tecidos. O proxecto foi financiado polo Goberno de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do subprograma CONECTA PEME. O financiamento total concedido foi de 161.622,94€.

federxuntagain

HUMANFARMA

GalChimia é membro do consorcio Humanfarma, cuxa meta é atopar novos compostos activos para o desenvolvemento de fármacos usando investigación translacional directamente en mostras de pacientes. O proxecto, que ten un orzamento de €4.1 M e foi parcialmente financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade baixo o subprograma INNPACTO, implica tamén a participación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Parque Científico de Barcelona (PCB) e tres compañías de biotecnoloxía: Oryzon Genomics, Vivia Allosterics e Vivia Biotech, coordinadora do proxecto.

Logo FEDER_color_es (2)2011-Logo MINNECO-63px

CORMPOI

A compañía de biotecnoloxía Alfama, con centros en Lisboa e Boston, é líder mundial en moléculas liberadoras de CO (CORMs), compostos cunha potente actividade vasodilatadora. GalChimia formou unha alianza con Alfama para desenvolver CORMs aplicados ao Ileus Postoperativo (POI), unha condición médica que se orixina normalmente en pacientes que sufriron cirurxía; a experiencia sintética de GalChimia complementa o profundo coñecemento biolóxico de Alfama sobre CORMs.

eurostars

INTEREMPRESAS CDTI

Este proxecto foi desenvolvido en estreita colaboración con Esteve Química e foi financiado polo CDTI. O obxectivo principal é avaliar e desenvolver rutas de sínteses para produtos xenéricos ou APIs cunha data de expiración de patente próxima. Para a consecución deste obxectivo, é importante identificar novas rutas cunha clara vantaxe competitiva en termos de custo ou rendemento, ou que usen intermedios ou catalizadores máis baratos ou tecnoloxías máis limpas e eficientes.

cdti