Logo

Curiosidades sobre Química

1. Superficie catalítica. En catálise heteroxénea a superficie é o máis importante. Os catalizadores empregados no conversor catalítico dun automóvil teñen unha superficie que extendida cubriría tres campos de fútbol.

2. Ciclosporina. Este composto, que é un fármaco inmunodepresor clave para evitar os riscos de rexeitamento de órganos, foi descuberto en mostras de solo tomadas en Noruega.

3. Aspartame. Este coñecido edulcorante foi descuberto accidentalmente en 1965 por James M. Schlatter ao chuchar un dedo que manchara con aspartame. O aspartame era de feito un intermedio de síntese nun proxecto de investigación que buscaba fármacos contra a úlcera.

4. Os CFCs , agora prohibidos polos seus efectos sobre a capa de ozono, foron presentados á American Chemical Society coma refrixerantes non inflamables. A demostración incluía a un químico enchendo a boca cun CFC e cuspíndoo sobre lume. ¡ Non fagan isto na casa !

5. O teflón, que se converteu nun coñecido revestimento antiadherente en material de cociña durante os anos 60, descubriuse realmente durante a II Guerra Mundial e empregouse para conter o altamente corrosivo hexafluoruro de uranio durante o Proxecto Manhattan, que culminou ca bomba atómica.

6. A primeira resolución quiral da que se ten noticia foi levada a cabo por Louis Pasteur usando unha lupa e unhas pinzas. Separou con moito traballo os cristais de tartrato amónico sódico sintético e demostrou que se comportaban baixo a luz polarizada dun xeito distinto ao producto obtido dunha fonte natural. Deduciu que a molécula en cuestión era asimétrica e que podería existir en dúas formas diferentes.

Tel: +34 981 814 506 • Fax: +34 981 814 507