Logo

Listaxe de preguntas frecuentes

Poden garantir o éxito do meu proxecto?

Non. Non facemos promesas que non poidamos cumprir. Pero as posibilidades de conseguilo son altas. A nosa tasa de éxito o ano pasado foi do 94% e estamos a facer todo o posible para acadar o 100%.

Cantos proxectos completaron?

Completamos máis de 500 proxectos nos últimos seis anos.

Cal é a ruta máis longa na que traballaron?

A nosa ruta lineal máis longa foi de 14 pasos. Traballamos en rutas converxentes cun número de pasos maior.

Que cantidades de produto poden subministrar?

Temos experiencia en subministrar produtos en cantidades moi diversas.
Estas son as cifras de produtos entregados o ano pasado:

  • menos de 100 mg: 618
  • entre 100 mg e 1 g: 56
  • entre 1 g e 10 g: 24
  • entre 10 g e 100 g: 25
  • máis de 100 g: 5

Están dispostos a asinar acordos de confidencialidade (AdC) para proxectos de investigación?

Non temos problemas en asinar acordos de confidencialidade. Ademais traballamos sempre baixo a premisa de que a propiedade intelectual pertence ao cliente en calquera proxecto de investigación.

E nun proxecto de síntese a medida?

Tratamos calquera proxecto, incluíndo as peticións de síntese a medida, de xeito confidencial aínda que non asinaramos un acordo.

Tel: +34 981 814 506 • Fax: +34 981 814 507