Aplicación industrial de protocolos de detoxificación de mexillón e pectínidos mediante o procesado ou a depuración con axentes microencapsulados. Emprego da nanotecnoloxía para anticiparse á contaminación en batea.

Período de execución: Xullo de 2015 – Decembro de 2017.

Estado actual: Finalizado

Obxectivo do proxecto: Implementación de estratexias industriais para diminuír ou eliminar a carga de toxinas en mexillón e en pectínidos utilizando produtos activos microencapsulados, de xeito que se poida:

  • Permitir o uso dun recurso que en épocas determinadas non se pode explotar no marco legal vixente.
  • Valorizar o molusco que en principio sería non apto para consumo.
  • Valorizar o molusco que, sendo apto para consumo se ve, sen embargo, rexeitado pola industria transformadora, debido aos factores de concentración que experimentan as toxinas no produto terminado.
  • Reducir as perdas económicas causadas polas continuas interrupcións na actividade debidas aos episodios tóxicos.
  • Diversificar a produción obtendo produtos alternativos derivados da aplicación de técnicas novidosas.

Resultados obtidos:

  • Probouse unha relación directa entre a presencia de fitoplacton tóxico no mar e a toxina presente no SPATT en períodos próximos.
  • Deseñáronse compostos orgánicos (COFs) que permitiron absorber toxinas lipofílicas “in situ”.
  • Desenvolvéronse diversos protocolos para a detoxificación de mexillóns e aplicáronse na conserveira.
  • Desenvolvéronse e aplicáronse protocolos HPP, obténdose reducións de varias unidades logarítmicas ca combinación de presión, tempo de tratamento e líquido de cobertura.

Orzamento total do proxecto: 1.461.272,00 euros

Este proxecto foi subvencionado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), a través do Programa FEDER INNTERCONECTA 2015 para o fomento da cooperación rexional en investigación e desenvolvemento, e apoiado polo Ministerio de Economía y Competitividade.

Fondos Feder – Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014 – 2020

projects

projects