Logo

Química Médica

Amplíe o seu departamento de investigación con GalChimia. Os nosos químicos médicos deseñan, avalían e proban novas rutas para sintetizar e optimizar os seus leads. Do mesmo xeito que o seu departamento de investigación, mantemos o nivel máis alto de confidencialidade para garantir a protección da súa propiedade intelectual.

Sintetizamos os scaffolds e os building blocks que sexan necesarios, facendo un uso extensivo de técnicas de paralelización e microondas. Cada composto que entregamos vai acompañado coa documentación analítica necesaria (normalmente, RMN-1 H e HPLC-MS) para garantir a identidade e a pureza do produto.

Cada proxecto inclúe:

  • Deseño e avaliación de novas rutas
  • Uso extensivo de técnicas de paralelización e microondas
  • Preparación de scaffolds e building blocks ad hoc
  • Preparación de quimiotecas focalizadas
  • Preparación de lotes adicionais de produto en escala multigramo
  • Controis de calidade rigorosos (certificado de análise para cada composto)
  • Asignación dun project manager experto a tempo completo
  • Informes semanais por correo electrónico
  • Transmisión de documentación electrónica encriptada (con PGP por e-mail e outros)
  • Teleconferencias mensuais ou con maior frecuencia
  • Completa confidencialidade
  • Informe detallado á finalización de proxecto
  • A propiedade intelectual pertence ao cliente de principio a fin.

Estes casos de estudo son só unha pequena mostra dos moitos casos nos que axudamos á nosa clientela a alcanzar os seus obxectivos e a mellorar os seus procesos.

Tel: +34 981 814 506 • Fax: +34 981 814 507