Síntese a medida
Necesita un composto que non está dispoñible comercialmente? Un composto de referencia para o seu proceso cGMP? Busca unha pequena cantidade dun estándar usado en screening farmacolóxico? En GalChimia preparamos todos eses compostos e moitos máis.
Pode proporcionarnos o procedemento sintético que seguir, podemos reproducir métodos publicados na bibliografía ou podemos deseñar e probar novas rutas para os seus compostos, sempre buscando a solución máis apropiada.
Ofrecemos experiencia nos seguintes campos:
- Química de heterociclos
- Síntese multietapa
- Síntese por microondas en paralelo
- Síntese en paralelo
- Síntese de pequenas moléculas funcionalizadas
- Síntese de pequenas librarías
- Síntese de scaffolds e building blocks.
- Síntese de impurezas GMP
O noso portafolios de reaccións inclúe, entre outras, as seguintes:
- reacción de Suzuki
- reacción de Buchwald
- reacción de Heck
- reacción de Sonogashira
- reacción de Kumada
- reacción de Negishi
- reacción de Stille
- aminación redutora
- resolucións encimáticas
- acilacións
- alquilacións
- esterificacións
- substitucións nucleófilas
- oxidacións e reducións
- iodacións e bromacións
- alquilación / acilación de Friedel-Crafts
- reacción de Grignard
- reactivos organolíticos
- hidroxenacións a alta presión
- Wittig e Horner-Emmons
- reacción de Bischler-Napieralski
Cada produto entrégase cunha documentación analítica completa e MSDS. E se precisa tanto o composto como o método de preparación, podemos entregarlle un método reproducible e ben documentado.
Se está a buscar un subministrador de compostos de referencia cGMP, estándares de farmacoloxía, intermedios avanzados de síntese, scaffolds, building blocks ou calquera outra substancia química, podemos axudarlle. É o noso.
Tel: +34 981 814 506 • Fax: +34 981 814 507
