Novos fármacos contra o cancro: Desenvolvemento de terapias dirixidas a diferentes dianas terapéuticas e de tratamentos combinados

Período de execución: Febreiro 2016 – Xaneiro 2018.
Estado actual: Finalizado
Obxectivo do proxecto:

Procura de novos fármacos para o tratamento contra o cancro mediante o desenvolvemento de terapias dirixidas a diferentes dianas terapéuticas e de tratamentos combinados:

  • Desenvolver novos antagonistas do receptor de andróxenos que sexan eficaces en modelos animais de cancro de próstata e nomear un candidato preclínico.
  • Desenvolver novos moduladores de interaccións proteína-proteína da familia Bcl-2 que sexan eficaces en modelos animais de cancro.
  • Descubrir novos inhibidores da quinasa ALK5 (Activin receptor-Like Kinase) e da vía de sinalización TGF-beta que sexan eficaces en modelos animais de cancro.
  • Descubrir novos inhibidores da quinasa JAK (Janus Kinase) que sexan eficaces en modelos animais de enfermidades mieloproliferativas, hematolóxicas ou de tumores sólidos.
  • Desenvolvemento de novos tipos de nanomaterias que presenten actividade antitumoral con baixa toxicidade e/ou que potencien a acción de medicamentos antitumorais dirixidos contra o ADN.
  • Estudar a sinerxía destes distintos mecanismos de acción para tratar diversos tipos de cancros in vitro e in vivo.
  • Desenvolver métodos de análise altamente selectivos e sensibles baseados na espectrometría de masas acoplada á cromatografía líquida, que permitan medir as concentracións dos compostos químicos desenvoltos e dos seus metabolitos tanto en plasma como nos tumores. Ademais, identificaríanse biomarcadores aplicando técnicas e ferramentas de proteómica baseadas en espectrometría de masas de alta resolución.
Resultados obtidos:
  • Identificado inhibidores potentes e patentables de ALK5. Caracterizáronse as propiedades farmacocinéticas dos mellores inhibidores identificados en ALK5.
  • Desenvolveuse e patentouse unha serie de Inhibidores de JAK3/TYK2 GI-restrinxidos para eixe IBD-fibrosis-cáncer de colon, activos en modelo murino de colite e que non presentan toxicidade en doses altas. Estes produtos están a punto de iniciar o primeiro estudo clínico no Hospital Sant Pau de Barcelona.
  • Desenvolveuse e patentouse unha serie de inhibidores de JAK3/TYK2 sistémicos para psoríase. Estes produtos son potentes e selectivos, e as súas propiedades fanos especialmente interesantes para o tratamento oral e tópico.
  • Desenvolveuse e patentouse unha serie de antagonistas de AR+GR para cancro de próstata que poderían potenciar os tratamentos actuais con enzalutamida.
  • Identificáronse Antagonistas de GR non-esteroides como activadores do sistema inmune con potencial para o tratamento de cancro de colon.
  • Identificouse unha potencial sinerxía dos inhibidores de ALK5 descubertos por GalChimia con antagonistas de JAK descubertos por Oncostellae.
  • Desenvolveuse con éxito un método eficaz para a síntesis de AQCs de distintos tamaños.
  • Púidose comprobar que os AQCs de menor tamaño incrementan a accesibilidade da cromatina en células proliferantes, potenciando o efecto de drogas cuxa diana sexa o ADN, polo que poderían mellorar a eficacia dos tratamentos actuais.
  • Púidose comprobar que os AQCs de maior tamaño teñen a capacidade de atravesar a barreira hematoencefálica para alcanzar e reducir as metástases, constituíndo unha ferramenta innovadora para solucionar dous dos principais problemas no tratamento do cancro.
  • Desenvolvéronse métodos de análise altamente selectivos e sensibles baseados en HPLC-MS para medir as concentracións dos compostos químicos desenvoltos e dos seus metabolitos, tanto en plasma como en tumor.
  • Identificáronse biomarcadores aplicando técnicas e ferramentas de proteómica baseadas en espectrometría de masas de alta resolución.
Presuposto total do proxecto: 1.076.339,63 euros

GalChimia agradece a todos os integrantes e colaboradores do Proxecto Neogalfarm a implicación e o traballo en equipo que foron claves para a obtención dos resultados. Agradecer tamén á GAIN o seu apoio ao fomentar a cooperación entre as PEMES e os demais axentes do Sistema Rexional de Innovación.

Este proxecto foi subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do Programa Conecta Peme, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

neogalfarm