Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade completa pulsando aquí.
En GalChimia podemolo axudar a aumenta-las capacidades do seu departamento de I+D.
Dende os nosos inicios, colaboramos con empresas de distintas industrias na preparación de compostos novedosos; o noso traballo abarca dende as primeiras etapas, de deseño do proxecto, ata a conclusión da proba de concepto.
O noso equipo científico avalía as necesidades específicas de cada proxecto, tratando sempre de ofrecer a mellor solución para a sua empresa. Analizamos os antecendentes sintéticos para cada composto e optimizamos a ruta dispoñible, ou deseñamos e validamos unha nova. En moitas ocasións os nosos clientes solicitan de nós productos que non foron preparados con anterioridade. Nestes casos, o grado de innovación adoita ser elevado, o que se plasma xeneralmente no deseño de novas aproximacións sintéticas. Tamén preparamos pequenas quimiotecas utilizando técnicas de paralelización, microondas ou fluxo continuo.
En GalChimia caracterizamonos pola nosa rapidez na resposta, por manter unha comunicación fluida e transparente, e polo noso compromiso con cumplir sempre coas expectativas que os clientes depositan no noso traballo.