O valor da Comunicación cobra unha relevancia vital cando o crecemento da compañía fai necesario, máis que nunca, manter unha mensaxe unificada e clara para evitar distorsións. Ningún dos nosos valores tería sentido sen o fío condutor dunha comunicación directa e fundamentada en feitos que facilite a colaboración e alcance dos obxectivos comúns.

En GalChimia estudamos o propósito das nosas comunicacións para asegurar que a mensaxe sexa relevante para o seu receptor, que se transmita a través da canle máis apropiada, que se eviten as perdas de recursos e, en definitiva, que se maximice a calidade da conversa e o retorno. Nun eido científico, cobra especial relevancia a claridade, concisión e consistencia da mensaxe polo que traballamos, tanto cara o noso cliente interno como externo, para converter a comunicación nunha ferramenta que enriqueza os nosos resultados e favoreza a nosa produtividade. Para nós, é importante formar ao equipo no uso dunha linguaxe positiva, baseada en feitos, apoiada na escoita activa, na busca de retorno e a transparencia no contido.