Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade completa pulsando aquí.
Actuacións de xeración con enerxías renovables
Grazas aos Fondos Next Generation e á Unión Europea conseguimos minimizar o consumo de enerxía da rede e reducir considerablemente a emisión de dióxido de carbono nas nosas instalacións.
Axuda do IGAPE dentro do Plan FOEXGA 2024
GalChimia recibiu unha axuda do Plan FOEXGA 2024 para impulsar a súa internacionalización. O obxectivo principal destas axudas é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e promover a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores. Estas axudas están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.
Entre as actuacións previstas destacan as seguintes:
- Asistencia a feiras e congresos internacionais dos sectores farmacéutico e biotecnolóxico.
- Misións comerciais e visitas a potenciais clientes no estranxeiro.
Axuda do Igape a Proxectos de Investimento Xeradores de Emprego 2017
GalChimia recibiu a AXUDA DO IGAPE A PROXECTOS DE INVESTIMENTO XERADORES DE EMPREGO 2017 para apoiar os investimentos en obra civil e maquinaria e outros bens de equipamento para a creación dun novo establecemento ou ampliación dun xa existente que presentan un elevado potencial de creación de emprego directo e indirecto. Entre as accións previstas, destacan as seguintes:
- Obra civil: oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto.
- Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto.
- Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario.
Axudas do Igape ao Investimento en Equipos Produtivos 2017
GalChimia recibiu a AXUDA DO IGAPE AO INVESTIMENTO EN EQUIPOS PRODUTIVOS 2017 para apoiar as inversions en maquinaria e outros bens de equipo para ampliacions de capacidade, diversificación da producción ou cambio esencial no proceso de producción dun establecimento existente. Entre as accions previstas, destacan as seguintes:
- O proxecto consiste no incremento da capacidade produtiva e tecnolóxica de GalChimia a través da incorporación de novos e modernos equipos produtivos á empresa que convertan a GalChimia nunha fábrica 4.0.
- O desenvolvemento do proxecto permitirá a mellora da produción, diminuíndo custos e facilitando o aumento dos ingresos grazas á maior e mellor capacidade de fabricación que se terá no futuro.
Axudas do Igape Galicia Exporta Empresas
GalChimia recibiu a Axuda GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2018 para apoiar a implementación do seu Plan de Internacionalización. Esta axuda permitirá incrementar o número de actividades promocionais co obxectivo de establecer contacto con potenciais clientes. Entre as accións previstas, destacan as seguintes:
- Asistencia a feiras e congresos internacionais dos sectores farmacéutico, biotecnolóxico e agroquímico.
- Deseño gráfico para unha nova campaña de marketing e produción do material promocional.