Logo Unión Europea
Background

Colaboracións con líderes globais para impulsar a innovación

Proxectos I+D

GalChimia colabora en proxectos innovadores con líderes mundiais de diversos sectores: química fina, nanotecnoloxía, bioquímica, agroquímica, materiais, alimentación, e biotecnoloxía, ademáis da industria farmacéutica.

MAOPROST: Novos Inhibidores de MAO-A para o Tratamento de Cáncro de Próstata Resistente á Castración
ECM-CART: Nanopartículas tipo LDL para inmunoterapia de glioblastoma basada en CAR-T
BioTICfinder
BioTICfinder: Solucións diagnósticas e terapéuticas de segunda xeración frente a SARS-CoV-2

Alianzas Tecnolóxicas

Somos testemuñas da crecente complexidade dos procesos químicos. Para ofrecer solucións eficientes e integrais, GalChimia estableceu unha rede de socios a través de diferentes modelos de negocio, dende unha agrupación de interese económico (AIE) ata colaboración baseadas na confianza e complementariedade de servizos.

GalChimiApplus

GalChimiApplus é a nosa agrupación de interese económico (AIE) con Applus +, unha empresa que traballa coas industrias química, farmacéutica e biotecnolóxica ofrecendo servizos integrais de proceso industrial. Xuntos, ofrecemos solucións enfocadas á redución de tempos, custos e riscos na fabricación de todo tipo de produtos químicos. A planta piloto opera en condicións GMP seguindo normas ICH-Q7.

Hypha Discovery

Hypha Discovery é unha CRO especializada que apoia a empresas farmacéuticas e agroquímicas de todo o mundo a través da produción de metabolitos e derivados de medicamentos e agroquímicos en fases avanzadas de descubrimento e desenvolvemento.

Logo discovery hypha
Logo Reach Separations

Reach Separations

Reach Separations está especializada en métodos cromatográficos para a análise e purificación de pequenas moléculas. O seu equipamento avanzado en tecnoloxías de HPLC e SFC complementase co noso Departamento Analítico para apoiar de xeito eficaz aos nosos clientes nos sectores farmacéutico, agroquímico e de química fina.

Patrocinios

GalChimia está orgullosa de apoiar o ecosistema de innovación a través do patrocinio da Federación Europea de Química Médica (EFMC) e a Sociedade Española de Química Terapéutica (SEQT).

EFMCCB
Logo SEQT