Logo Unión Europea
Background

Unha compañía vangardista e dinámica que fomenta a innovación nas ciencias químicas

Equipo

O noso maior activo son as persoas.

En GalChimia contamos cun equipo formado por máis de 50 profesionais con ampla experiencia nas industrias farmacéutica e biotecnolóxica, CMOs e outras empresas de servizos, así como no mundo académico. Máis do 50% do noso equipo científico ten un doutoramento en Química Orgánica e os/as nosos/as Project Managers posúen máis de 10 anos de experiencia nesta industria.

Sabemos que ter unha plantilla satisfeita tradúcese en excelentes resultados para os nosos clientes, polo que nos esforzamos por xerar un bo ambiente de traballo. O resultado? Máis do 30% do noso persoal leva con nós máis de 10 anos.

Ao fin e ao cabo, todos compartimos a mesma paixón pola química!

GalChimia Team picture

“GalChimia’s high expertise and capabilities in organic and medicinal chemistry provide a very strong leverage for any company who is looking to designing novel compounds. In HQL we found GalChimia’s team professionalism, responsiveness and straightforward honesty a powerful stronghold that enabled us to ride the rollercoaster of drug discovery with a real sense of partnership.”

Tal Parnes – HQL Pharmaceuticals

Calidade

GalChimia é un centro de excelencia para a investigación química. A nosa organización segue o estándar ISO 9001: 2015 como base para os procesos de Xestión de Calidade. A nosa Directora de Calidade é responsable de asegurar que tódolos produtos son sintetizados e analizados co maior respecto aos procedementos, requisitos e especificacións relevantes.

3000

de formación ao ano

20

anos de experiencia

2015

acreditación Crédit d’Impôt Recherche

1500

produtos entregados cada ano

95

taxa de éxito consistente

95

clientes recorrentes

Instalacións e Equipamiento

3

centros

GalChimia Map

1500

m2

35

Campás extractoras

GalChimia Laboratory
GalChimia Laboratory

2

Laboratorios analíticos

GalChimia Laboratory

HPLC, HPLC-MS, UPLC-MS, GC-MS, SFC

GalChimia Laboratory
GalChimia Laboratory

NMR (up to 750 MHz), Karl-Fischer, TGA

6

Laboratorios de síntese

GalChimia Laboratory

Reactores en paralelo, Microondas, Reactores alta presión, Fluxo Continuo, Fotoquímica

GalChimia Laboratory

Purificación

Cromatografía flash automatizada (normal e reversa), prep HPLC e SFC

Purification equipment
GalChimia Laboratory

2

kilo labs

10L

Reactores

Planta piloto

ata 500L

GalChimia Applus Laboratory

Innovación

GalChimia fomenta a innovación como unha ferramenta para a mellora continua. Somos unha empresa comprometida co investimento en equipos de última xeración, adoptando tecnoloxías facilitadoras esenciais (KET) e contribuíndo ao progreso da química orgánica. A través da nosa carteira de proxectos de I+D, podemos explorar aplicación novas e estender o noso coñecemento, o cal ten un efecto positivo nos proxectos dos nosos clientes.

Focus

Foco

A innovación está no noso ADN. Reinvestimos o 10% das nosas vendas en actividades de I+D, internas ou en colaboración.

R&D

I+D

Temos un equipo experto de profesionais que desenvolven novos métodos e implementan novas tecnoloxías de síntese.

Equipment

Equipos

Cun investimento de máis de 2 M €, mantemos os nosos laboratorios equipados con tecnoloxía de última xeración.

Colaborations

Sectores

Ao explorar novas aplicacións da química orgánica, podemos ofrecer solucións a un maior número de sectores.

Sectors

Colaboracións

Colaboramos con líderes mundiais de industria e academia para resolver retos actuais e futuros.

Results

Resultados

Os froitos da nosa investigación están dispoñibles na sección de Innovación Científica

Carme Pampín

Carme Pampín

Co-fundadora e Directora Executiva

Despois de completar o seu doutoramento en Química Orgánica en 2001, Carme fundou GalChimia xunto con tres socios da Universidade de Santiago de Compostela (Galicia). A partir de entón, foi a directora executiva da compañía, transformándoa nun líder europeo en síntese orgánica. Carme tamén participou na creación das empresas AMSLab, ChemoSapiens, e OrigoBiopharma, todas elas dentro dos sectores químico e biotecnolóxico. A nivel autonómico, é presidenta do Clúster Empresarial Tecnolóxico de Ciencias da Vida de Galicia (Bioga) e membro do Consello de Administración do Hub de Innovación Dixital DATALife.

Jacobo Cruces

Jacobo Cruces

Co-fundador e Director Científico

Jacobo é cofundador de GalChimia, así como Director Científico dende a súa creación en 2001. Ao longo de estes anos, xestionou máis de 1700 proxectos de síntese, a maioría deles relacionados co desenvolvemento de fármacos. A súa carreira emprendedora complétase coa creación doutras tres empresas no sector da biotecnoloxía: AMSLab, ChemoSapiens, e OrigoBiopharma. Ademais, participa en diversos proxectos de innovación a nivel nacional e europeo. En particular, o seu interese céntrase en proxectos que abordan a síntese e escalado de moléculas complexas para aplicacións específicas relacionadas coa medicina e a biotecnoloxía a través do desenvolvemento de novas metodoloxías químicas.

María José Varela

María José Varela

Directora Financeira

María José é a nosa Directora Financeira e supervisa o Departamento de Administración. Incorporouse a GalChimia apenas dous anos despois da súa creación e acompañounos durante todo o intenso crecemento da empresa. Ademais da contabilidade, xestiona as compras e tódalas negociacións cos provedores. Anque non é química, a súa paixón por GalChimia tivo definitivamente un gran impacto no éxito da empresa ao coidar tódolos aspectos financeiros, tanto cos nosos clientes como cos nosos provedores.

Eva Codesido

Eva Codesido

Directora de Calidade

Eva é a nosa Directora de Calidade. Incorporouse á empresa en 2002 como Química de I+D e, pouco despois, converteuse en Xefa de Proxectos. A súa habilidade para a xestión e o seu interese en saúde e seguridade orientaron a súa carreira cara a xestión de calidade. Eva é a Directora de Calidade de GalChimia dende fai máis de 12 anos, nos que liderou a implementación dun sistema de xestión integrado en liña cos estándares máis altos (ISO 9001: 2015). Ademais, é responsable do noso control de calidade, certificando tódolos produtos antes de que saian das nosas instalacións.

Ramon Rodríguez

Ramón Rodríguez

Responsable de Laboratorio

Ramón incorporouse a GalChimia en 2006 como Xefe de Proxectos, converténdose posteriormente en Responsable de Laboratorio de nosa sede central. O seu coñecemento en síntese e experiencia previa na industria farmacéutica lévalle a comprender á perfección as necesidades dos nosos clientes. Actualmente, Ramón coordina tres laboratorios de síntese e o departamento de análise, sendo un mentor e referente para todos os nosos químicos.

Ana Sancho

Ana Sancho

Account Manager

Ana uniuse a GalChimia en 2023 como Account Manager, con gran entusiasmo para desenvolver as estratexias de marketing e vendas da empresa. Aínda que Publicista de formación, a carreira de Ana en Marketing e Comunicación levouna á Industria Farmacéutica, na que avanzou profesionalmente cara roles de Desenvolvemento de Negocios. Máis tarde trasladouse ao sector das CRO, adquirindo máis experiencia sobre a cadea de valor no proceso de descubrimento de fármacos. Como Account Manager, Ana establece relacións con clientes existentes e potenciais, mentres coordina aos demais departamentos da empresa para garantir que os proxectos se completen con éxito.

Raúl Fernández

Raúl Fernández

Site Manager – Madrid

Raúl incorporouse a GalChimia en 2004 como Químico de I+D, progresando rapidamente a Xefe de Proxectos. En 2012 trasladouse ao noso novo centro no Parque Tecnolóxico de Madrid en Tres Cantos, onde asumiu o cargo de Responsable de Centro. Neste posto, coordina aspectos tanto de laboratorio como de persoal, ademais de manter contacto estreito cos clientes de Tres Cantos. Raúl é responsable en gran medida do éxito do noso equipo en Madrid, resultado da súa gran motivación, compromiso e, por suposto, a súa paixón pola química!

Antía Blanco

Antía Blanco

Directora de Recursos Humanos

O intenso crecemento da empresa nos últimos anos puxo en releve a necesidade de un Departamento de Recursos Humanos como instrumento fundamental para comunicar e fomentar a cultura e os valores da empresa nos nosos tres centros de traballo. Con este importante obxectivo en mente, Antía incorporouse á empresa en 2018. A súa paixón polas persoas encaixa perfectamente coa paixón pola química de GalChimia, atopando o mellor talento do país para os nosos centros. Antía tamén coordina diversos programas de formación profesional, xa sexan a nivel de xestión ou coma ChemClasses para o persoal de laboratorio.