Co afán de reforzar o noso cumprimento normativo, implantamos un programa de Compliance composto por diversas políticas e protocolos corporativos aplicables ás distintas áreas organizativas e empresariais de GalChimia. Aliñada co noso compromiso de mellora continua, a implantación do Compliance servirá para favorecer o comportamento ético da organización, reforzando a calidade dos servizos prestados.

Co fin de reforzar a reputación e prestixio que GalChimia vén construíndo dende a súa constitución, este programa de Compliance é un exemplo máis das boas prácticas e do compromiso coa excelencia que forma parte do espírito de GalChimia. Dentro do programa de Compliance, implantouse un Modelo de Prevención e Control que supón unha garantía de observancia dos deberes de supervisión e control.

Ademais, desenvolveuse un Código Ético que reúne todos os principios e valores que deben respectarse dentro da organización.

En aplicación do programa de Compliance de GalChimia, incorpórase unha Canle Ética ou de denuncias, cuxo obxectivo e ámbito de aplicación, así como os requisitos para as comunicacións, se recollen na mesma e que podes consultar na seguinte ligazón:

Canle Ética