1. Información ao Usuario

A presente política de privacidade foi elaborada por GALCHIMIA, S.A. aplicándose aos Usuarios do noso sitio web www.galchimia.com (en adiante “sitio web”), co obxecto de asegurar e protexer a privacidade dos mesmos e dar cumprimento ao establecido no Reglamento UE 679/2016 (RGPD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e na Lei Orgánica 3/2018, 5 de decembro, de Protección de Datos persoais e Garantía de Dereitos dixitais (LOPDYGDD). Ademais, incluiranse na aplicación desta política de privacidade os tratamentos que se realicen nas relacións cos perfís nas distintas redes sociais das que GalChimia S.A. forme parte.

En relación co dereito de información establecido nos Artigos 13 e 14 do RGPD infórmase ao Usuario do seguinte:

Responsable do tratamento: GalChimia, S.A. con domicilio en Parque Empresarial de Touro, Parcelas 26-27, Fonte Díaz, 15822 Touro – A Coruña, España; e o correo a efectos de comunicación relativas ao tratamento de datos persoais: rgpd@galchimia.com.

Datos obxecto do tratamento realizado no Sitio Web: Trátanse os datos proporcionados polo Usuario do sitio web:

  • Para o seu acceso á área privada vaise proporcionar o correo electrónico de contacto e contrasinal empregada polo Usuario para darse de alta.
  • No formulario de contacto recollerase o nome e apelidos, datos identificativos da compañía, correo electrónico e teléfono de contacto.
  • No caso de que se realice un pedido vanse proporcionar, ademais dos anteriores, a dirección postal da compañía, o seu número de identificación fiscal e o contrasinal utilizada.
  • En todos os supostos proporciónase o navegador utilizado, versión e configuración do Usuario, sistema operativo do dispositivo empregado polo Usuario e versión do mesmo.
  • Cookies que se aceptaron. Para máis información pode consultar a nosa Política de cookies.
  • No apartado “Únete a nos” proporciónanse nome e apelidos, correo electrónico, teléfono de contacto e curriculum vitae con información profesional e/ou persoal do interesado.

En relación coas nosas redes sociais, informámoslle de que se tratarán os datos que se inclúan polo Usuario no seu perfil aos que teña acceso GalChimia, S.A. na rede social de que se trate ó interactuar co mesmo.

Operacións do tratamento realizado no Sitio Web: Prevénse as seguintes en relación coa actividade do sitio web:

  • A tramitación de solicitudes ou de calquera tipo de petición de información, solicitudes de orzamento, etc. Que sexan realizadas polo Usuario a través de calquera das formas de contacto que se poñen á súa disposición na páxina web.
  • A xestión dos curriculums, proporcionados consecuencia da participación nos procesos de selección ou para ser tidos en conta en futuros procesos.
  • O acceso personalizado á área de investimento, incluíndo a xestión da conta de investidor.
  • A remisión de comunicacións comerciais publicitarias por email, serán realizadas por conta do Responsable e relacionadas sobre os seus produtos e servizos, ou dos seus colaboradores ou provedores cos que este alcanzase algún acordo de promoción. Neste caso, os terceiros nunca terán acceso aos datos persoais.
  • Os envíos do boletín de noticias.
  • O acceso á tenda online e xestión de compras.
  • Realizar estudos estatísticos.

Base legal: Este tratamento ten a súa base lexitimadora no consentimento do Usuario a través de aceptación dos distintos apartado do sitio web establecidos ao efecto, onde o mesmo confirma a aceptación do tratamento de datos realizado por GalChimia, S.A. descrito nesta Política de Privacidade, adecuándose ás operación anteriormente descritas.

Conservación dos datos: Así mesmo, infórmaselle de que os datos que proporcionara serán conservados mentres exista un interés mutuo para as partes e perdure o tratamento para o que se dera o consentimento. Ademais, poderán conservarse debidamente bloqueados e coas medidas de seguridade axeitadas con posterioridade e durante os prazos legais establecidos ao efecto co obxecto de dar cumprimento ás posibles responsabilidades que puideran derivarse do tratamento.

Tratamento de datos persoais de terceiros: O responsable do tratamento solo tratará os datos que sexan proporcionados polo titular dos mesmos. Non se fai responsable de aqueles supostos nos que o Usuario facilite os datos dun terceiro sen informalo nin solicitado o seu consentimento.

Tratamento de datos de menores: Non se prevé o tratamento de datos de menores de 14 anos. O Usuario non poderá proporcionar datos de menores de 14 anos polo que GalChimia, S.A. non se fai responsable do incumprimento desta obrigación.

Cesións a terceiros dos datos obxecto de tratamento: non se prevé a comunicación dos seus datos a terceiros salvo nos casos nos que se lle teña que dar cumprimento ó establecido na norma ou nos supostos nos que se medie unha relación contractual.

Comunicacións comerciais: no caso de que o Usuario se subscriba á nosa Newsletter vanse a tratar os datos do correo electrónico, nome e apelidos do interesado, que dou o seu consentimento para este tratamento aceptándoo mediante a subscrición correspondente. GalChimia, S.A. almacenará esta información e enviará periodicamente un correo electrónico informándolle dos servizos ós que está subscrito ata que o Usuario retire o seu consentimento ou cancele a súa subscrición, posibilidade que outorgaráselle en todas as comunicacións que lle cheguen. Non se prevé a cesión dos seus datos a terceiros nin a transferencia internacional dos mesmos.

Dereitos que asisten ó Usuario no tratamento: Segundo o establecido no RGPD e na LOPDYGDD, GalChimia, S.A. infórmalle de que ten dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento e que se poña fin ao tratamento, os dereitos de acceso, supresión, cancelación, rectificación, oposición, limitación e portabilidade no tratamento dos seus datos persoais. Para o exercicio dos mesmo pode mandar un correo electrónico a rgpd@galchimia.com ou dirixirse á nosa Dirección Postal: GalChimia, Parque Empresarial de Touro, Parcelas 26-27, Fonte Díaz, 15822 Touro – A Coruña, España.

2. Carácter obrigatorio ou facultativo da información facilitada polo Usuario

Os Usuarios, mediante a marcación das casas correspondentes e entrada de datos nos campos, marcados cun asterisco (*) no formulario de contacto ou presentados en formularios de descarga (como o de orzamentos, o de currículos) e no ámbito dos pedidos e facturación na tenda online, aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca, que os seus datos son necesarios para que GalChimia, S.A. poida atender a súa petición, sendo voluntaria a inclusión de datos nos campos restantes. O Usuario garante que os datos persoais facilitados a GalChimia, S.A. son veraces e faise responsable de comunicar calquera modificación dos mesmos.

GalChimia, S.A. informa e garante expresamente aos Usuarios que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiros fóra dos casos nos que o servizo así o requira, ou en función das excepcións contidas nesta política.

3. Medidas de seguridade

Informámoslle que de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, GalChimia, S.A. está a cumprir con todas as disposicións das normativas RGPD para o tratamento dos datos persoais da súa responsabilidade, e manifestamente cos principios descritos no Artigo 5 do RGPD, polos cales son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado e adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.

GalChimia, S.A. garante que implementou políticas técnicas e organizativas apropiadas para aplicar as medidas de seguridade que establecen o RGPD co fin de protexer os dereitos e liberdades dos Usuarios e comunicoulles a información axeitada para que poidan exercelos.