O servizo é só o comezo…
Queremos compartir a nosa paixón pola boa química cos nosos clientes. Personalizamos cada proxecto e facemos dos seus requisitos os nosos, mantendo unha comunicación constante e garantindo unha confidencialidade absoluta a todos os niveis.
Síntese a medida
Consiga compostos de referencia cGMP, estándares de farmacoloxía, intermedios de síntese avanzados, building blocks ou calquera outro produto químico:
- Total confidencialidade
- Documentación analítica completa
- Métodos de preparación reproducibles e ben documentados.
Investigación baixo contrato
Traballamos cóbado con cóbado cos nosos clientes para preparar compostos para o seu pipeline. Ofrecemos:
- Deseño innovador e avaliación de novas rutas de síntese
- Técnicas de paralización e microondas
- Preparación de scaffolds e building blocks ad hoc.
- Total confidencialidade para protexer a súa propiedade intelectual de principio a fin.
Desenvolvemento de procesos
Levamos o producto desde o laboratorio ata a planta piloto con procesos robustos, fiables e económicos:
- Persoal experto en desenvolvemento
- Rutas económicas, reproducibles e escalables
- Soporte analítico completo
- Informe de transferencia de tecnoloxía
- Estrito cumprimento dos requisitos de pureza
Optimización de reaccións
O noso equipo pode optimizar a súa reacción mentres vostede prepara o seu composto. Podemos:
- Incrementar o rendemento.
- Mellorar a pureza para alcanzar as especificacións.
- Optimizar os parámetros de reacción para incrementar a reproducibilidade
Ademais destes servizos, desenvolvemos os nosos propios proxectos de investigación en síntese orgánica, dos que ofrecemos un catálogo de produtos.
Servizos analíticos
Acelere o desenvolvemento de rutas de síntese e aforre tempo e diñeiro co noso abano de servizos analíticos:
- HPLC-MS analítico
- HPLC preparativo
- HPLC preparativo quiral
Tel: +34 981 814 506 • Fax: +34 981 814 507
