Faga clic para ampliar

GalChimia recibiu a Axuda GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2018 para apoiar a implementación do seu Plan de Internacionalización. Esta axuda permitirá incrementar o número de actividades promocionais co obxectivo de establecer contacto con potenciais clientes. Entre as accións previstas, destacan as seguintes:

  • Asistencia a feiras e congresos internacionais dos sectores farmacéutico, biotecnolóxico e agroquímico.
  • Deseño gráfico para unha nova campaña de marketing e produción do material promocional.