Logo Unión Europea

DROUGHTDRUGS: Descubrimento de agroquímicos para mellorar a resistencia á seca de plantas de colleita

Descubrimento de agroquímicos para mellorar a resistencia á seca de plantas de colleita

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICINN) concedeu no marco do programa de colaboración RETOS 2017 a financiación para o proxecto DROUGHTDRUGS liderado por GalChimia, S.A. O proxecto ten como obxectivo principal desenvolver unha nova xeración de compostos que poidan activar a resistencia á seca en plantas de colleita. Con este fin, o proxecto conta coa colaboración do Instituto de Bioloxía Molecular e Celular de Plantas (IBMCP), o Instituto de Química Física Rocasolano (IQFR) e dos grupos BioFarma e Nanobiomol da Universidade de Santiago de Compostela.

O proxecto, que ten un presuposto de 572.999,89€, foi financiado dentro do Subprograma RETOS-COLABORACIÓN 2017. Esta convocatoria está cofinanciada con Fondos Estruturais do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Axencia Estatal de Investigación (AEI) co obxectivo de promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.

Logo Ministeerio de Ciencia Innovacion y Universidades

GalChimia agradece a todos os membros e colaboradores de DroughtDrugs pola súa implicación e traballo, que foron claves para o éxito do proxecto.

Logo Galchimia letters

Subscríbete para estar ao tanto dos últimos avances en síntese orgánica e da boa química de GalChimia

     "*" obrigatorio

    Estou de acordo e acepto a política de protección de datos