Logo Unión Europea

Investigación industrial para o descubrimento de novos fármacos inmunoterapéuticos no tratamento do cancro de colon

R&D Project IO4COLON

IO4COLON – Investigación industrial para o descubrimento de novos fármacos inmunoterapéuticos en tratamento de cáncer de colon.

O obxectivo principal do proxecto IO4COLON é o descubrimento e desenvolvemento preclínico de novos candidatos a fármacos para o tratamento do cáncer de colon, a través da activación do Sistema Inmunitario (SI), para ser usados como monoterapias, en combinación entre eles ou con outros axentes terapéuticos. O consorcio do proxecto está formado polas empresas Oncostellae, GalChimia e AMSLab, co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Tecnológico LEITAT e as empresas Palo Biofarma, IDIFARMA e Eurofins.

IO4COLON permitirá estudiar a través de diferentes mecanismos a eficacia de dous novos fármacos, un inhibidor ALK5 e un antagonista GR, así como o seu efecto sinérxico no tratamento do cáncer de colon. IO4COLON representa ademais un salto cualitativo considerable en relación a proxectos anteriores, xa que se pretende concluir o Desenvolvemento Preclínico, Desenvolvemento Farmacéutico, a producción das cápsulas para os ensaios clínicos, a preparación da documentación regulatoria e a explotación potencial dos resultados a través da solicitude de novas patentes de invención.

Este proxecto foi subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do Programa CONECTA-PEME, e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Obxectivo Temático 1, «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», incluido no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, ademais, contará co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Orzamento total do proxecto: 1.095.700,00 euros.

Logo Xunta de Galicia
Logo Galchimia letters

Subscríbete para estar ao tanto dos últimos avances en síntese orgánica e da boa química de GalChimia

     "*" obrigatorio

    Estou de acordo e acepto a política de protección de datos