Logo Unión Europea

Plataformas de fabricación a media e grande escala para nanofarmacéuticos clínicamente compatibles

R&D Project Nanofacturing

Desenvolvemento de plataformas de proceso de fabricación sostible a media e grande escala para nanofármacos de núcleo sólido clínicamente compatibles

GalChimia, Applus+ Laboratories, Midatech, Prochimia, Centre for Process Innovation (CPI) e tres grupos académicos participan no proxecto de investigación titulado “NanoFacturing – The Development of Medium- and Large-Scale Sustainable Manufacturing Process Platforms for Clinically Compliant Solid Core Nanopharmaceuticals”.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento dunha plataforma de fabricación para produtos nanofarmaceúticos de núcleo sólido, con capacidades de escalado que permitan a subministración de produtos para ensaios de Fase III e máis aló, e que sexa rendible, segura, eficiente, robusta e axustada á regulación GMP. GalChimia participa no proxecto especificamente para síntese dos ligandos usados para unir a nanopartícula a outras entidades químicas e biolóxicas. O proxecto está financiado pola Unión Europea a través do programa Horizon 2020.

Comproba os resultados do proxecto Nanofacturing

Nanofacturing Logo
Logo Galchimia letters

Subscríbete para estar ao tanto dos últimos avances en síntese orgánica e da boa química de GalChimia

     "*" obrigatorio

    Estou de acordo e acepto a política de protección de datos