Nunha sociedade na que perdemos a confianza (fálase da “era da desinformación” ou da “post-verdade”), GalChimia definiu como unha prioridade a Transparencia nas súas mensaxes e no seu modo de proceder. A transparencia xera confianza e esa é unha máxima á hora de establecer relacións sólidas cos nosos clientes e os nosos compañeiros, o cal nos axuda a que o noso traballo sexa máis eficaz. É necesario comprender que traballamos en proxectos cuxa confidencialidade e carácter estratéxico requiren dun sistema de reporte realista e claro que permita manter unha bidireccionalidade constante. Neste contexto, a comunicación e a transparencia traballan para o beneficio dos clientes.
En ocasións, a externalización dun servizo como o noso pode interpretarse como unha perda de control, pero dende GalChimia traballamos para que a proximidade, a confianza e a transparencia sexan as protagonistas da relación.