Logo Unión Europea
Background

Colaboracións con líderes globais para impulsar a innovación

Proxectos I+D

GalChimia colabora en proxectos innovadores con líderes mundiais de diversos sectores: química fina, nanotecnoloxía, bioquímica, agroquímica, materiais, alimentación, e biotecnoloxía, ademáis da industria farmacéutica.

PRECINMAS: Precandidatos con novos mecanismos de acción contra a Salmonella invasiva non tifoidea
NuCapCure: a EU funded R&D project by GalChimia
NUCAPCURE: Novas terapias de protóns e neutróns con alta especificidade contra o cancro
MAOPROST: Novos Inhibidores de MAO-A para o Tratamento de Cáncro de Próstata Resistente á Castración

Alianzas Tecnolóxicas

Somos testemuñas da crecente complexidade dos procesos químicos. Para ofrecer solucións eficientes e integrais, GalChimia estableceu unha rede de socios a través de diferentes modelos de negocio, dende unha agrupación de interese económico (AIE) ata colaboración baseadas na confianza e complementariedade de servizos.

GalChimiApplus

GalChimiApplus é a nosa agrupación de interese económico (AIE) con Applus +, unha empresa que traballa coas industrias química, farmacéutica e biotecnolóxica ofrecendo servizos integrais de proceso industrial. Xuntos, ofrecemos solucións enfocadas á redución de tempos, custos e riscos na fabricación de todo tipo de produtos químicos. A planta piloto opera en condicións GMP seguindo normas ICH-Q7.

Hypha Discovery

Hypha Discovery é unha CRO especializada que apoia a empresas farmacéuticas e agroquímicas de todo o mundo a través da produción de metabolitos e derivados de medicamentos e agroquímicos en fases avanzadas de descubrimento e desenvolvemento.

Logo discovery hypha
Logo Reach Separations

Reach Separations

Reach Separations está especializada en métodos cromatográficos para a análise e purificación de pequenas moléculas. O seu equipamento avanzado en tecnoloxías de HPLC e SFC complementase co noso Departamento Analítico para apoiar de xeito eficaz aos nosos clientes nos sectores farmacéutico, agroquímico e de química fina.

Patrocinios

GalChimia está orgullosa de apoiar o ecosistema de innovación a través do patrocinio da Federación Europea de Química Médica (EFMC) e a Sociedade Española de Química Terapéutica (SEQT).

EFMCCB
Logo SEQT
Resumo de privacidade
galchimia logo

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade completa pulsando aquí.

Cookies estritamente necesarias

As cookies estritamente necesarias deben estar activadas todo o tempo para que poidamos gardar as túas preferencias para a configuración de cookies.

Cookies de terceiros

Esta web emprega Google Analytics para recoller información de maneira anónima, coma por exemplo o número de visitantes que recibe e as páxinas máis populares.