Entender a Orientación ao Cliente, en GalChimia, é moito máis que cubrir as necesidades dun cliente, supón proporcionarlle a mellor solución a un problema, e facelo coñecendo as circunstancias que o rodean, ben entendidas grazas á aplicación dos nosos valores básicos: dende a transparencia, con total compromiso e cunha comunicación clara.

Para acadar esta orientación pensamos sempre en solucións, non en problemas, e maximizamos os retornos coa mellor comprensión do contexto (científico, temporal, económico e organizacional). Maximizar a satisfacción do cliente para fidelizalo é a pedra angular do noso traballo porque somos conscientes de que vivimos nun entorno altamente competitivo e a nosa reputación a forman as opinións dos nosos colaboradores e clientes. A escoita activa, a confianza, a proactividade, a proximidade no trato e o coñecemento do contexto, proporciónannos os pilares para traballar cunha total orientación aos nosos clientes.

Do mesmo modo, a Orientación ao Cliente tamén ten un compoñente de cliente interno, que se traslada coa colaboración estreita e a comprensión de que somos aliados cun obxectivo común, xa que compartir e cooperar enriquece o resultado do noso traballo.