A filosofía de GalChimia está definida por cinco valores: Comunicación, Compromiso, Transparencia, Innovación e Orientación ao cliente. Sentímonos orgullosos de contar cunha identidade sólida que naceu, xunto coa compañía, da man dos seus fundadores e que se reflicte en cada un dos que formamos parte deste equipo.

Os nosos valores teñen a súa orixe nos inicios da compañía e son o resultado dun exercicio de reflexión e da experiencia vital dos nosos fundadores, Carme Pampín e Jacobo Cruces. Algúns deles responden ao eido universitario do que procedían, que xunto coa motivación científica do proxecto, converteu a vontade de innovar nun obxectivo de cara a poder ofertar novas formas de satisfacer as necesidades dos clientes. Con todo, a Innovación non podería ser o noso único foco, e xa dende o comezo identificamos a importancia de establecer unha relación de confianza cos nosos clientes, o que nos levou a apostar polo marketing relacional. Neste sentido, esforzámonos en integrar na nosa actividade diaria outros valores que consideramos imprescindibles, como son a Comunicación, a Transparencia, o Compromiso e, por suposto, a Orientación ao cliente.

Ao tempo que GalChimia gañaba en experiencia e recoñecemento, o noso persoal, diversificábase. Sendo conscientes de que o nosos éxito se debe ao excelente traballo do noso equipo, fai uns anos que se propuxo unha revisión dos nosos valores na que todo o persoal da empresa participara. Non puidemos ocultar a nosa satisfacción ao comprobar que os pilares da compañía non só seguían sendo os mesmos, senón que eran fortemente recoñecibles e compartidos por todos os seus membros.

Poñer palabras á nosa cultura converteuse nun elemento esencial á hora de integrar aos novos membros da compañía. Tralo importante crecemento do equipo humano nos derradeiros dous anos, decidimos recentemente volver a traballar xuntos nos nosos valores a través de formacións específicas nos nosos tres centros. Para elo, Julie Masse (Responsable Comercial), Jacobo Cruces (Responsable Científico), e Antía Blanco (Responsable de Recursos Humanos) compartiron con todo o equipo a súa visión dos cinco valores e cómo estes quedan reflectidos na súa actividade diaria, tanto interna como externamente. Entre outras cousas, proporcionáronnos as ferramentas necesarias para comprender a cultura que nos define e aplicala no nosos traballo diario.

“Non é posible entender os valores de GalChimia de maneira illada: cada valor ten un propósito, que se combina co resto”
Jacobo Cruces, Director Científico.